SAÚDA |
É un gran orgullo para min ser a encargada de presentarvos a Asociación de Ergonomía Galega. Esta Asociación é froito do esforzo dun grupo de persoas que creemos firmemente no importante futuro que lle espera á Ergonomía, non exclusivamente no campo da prevención de riscos laborais, senón en todos aqueles campos en que as persoas temos que relacionarnos con contornos creados polo home. O traballo ocupa unha parte importante do noso tempo, o resto emprégase en diversas actividades, dentro das cales a aplicación de criterios ergonómicos ten unha cabida real, contribuíndo a evitar que o manexo de obxectos, o deseño de contornos ou ben a distribución de espacios poidan constituír danos para a nosa saúde. Convencidos de que o resultado do traballo dun equipo é moito máis que a suma do resultado do esforzo de cada unha das súas compoñentes, decidimos unir todas as nosas iniciativas creando esta asociación para potenciar o que cada un de nós podiamos facer polo futuro da Ergonomía. Serán actividades prioritarias dentro da asociación a difusión dos coñecementos existentes, as reunións de técnicos, as relacións coas persoas e organizacións de fóra de Galicia que teñan obxectivos similares aos nosos, en especial coa A.E.E. na que estamos en vías de integración É evidente que, este recentemente nado equipo poderá acadar uns obxectivos tanto máis ambiciosos canto maior sexa a súa representatividade, por iso convidámosvos, a todas aquelas persoas que creades na necesidade e o futuro da Ergonomía, a que unádesvos a nós e formedes parte deste esforzo. Rocío Seoane Farré Presidenta da Asociación de Ergonomía Galega |