Condicións Socios Imprimir Correo-e
Poderán ser Socios da Asociación de Ergonomía Galega, aquelas persoas físicas maiores de idade e con capacidade xurídica de obrar, que traballen ou traballasen profesionalmente na área da Ergonomía.

En caso de denegación de admisión por parte da Xunta Directiva o solicitante poderá dirixirse por escrito á Asemblea Xeral, como órgano soberano da Entidade. A citada Asemblea pronunciarase ao respecto, tras oír a ambas as dúas partes e previa deliberación.

A condición de socio perderase:

a) Por vontade expresa do interesado.

b) Por non pagamento das cotas establecidas, cando deixe de satisfacer 3 cotas consecutivas.

c) Por acordo da Asemblea Xeral.


Obrigas dos Socios:

a) Satisfacer a cota anual cuxa contía é, actualmente, de 50,00 €

b) Os socios están obrigados a aceptar os Estatutos, e os acordos das Xuntas e Asembleas legalmente constituídas.

Dereitos e deberes dos Socios

a) Asistir ás Asembleas con voz e voto.

b) Participar en cantas actividades realice a Asociación, recibir as publicacións e boletíns editados por esta, e utilizar os seus fondos documentais e demais servizos nas condicións que en cada caso fixe a Xunta Directiva.

c) Ser informado das actividades da Asociación e dos acordos da Xunta Directiva.

d) Colaborar coa súa achega persoal, na medida do posible, á consecución dos fins da Asociación.
 



Derradeiro mes Febreiro 2012 Mes seguinte
L M M X V S D
week 5 1 2 3 4 5
week 6 6 7 8 9 10 11 12
week 7 13 14 15 16 17 18 19
week 8 20 21 22 23 24 25 26
week 9 27 28 29
Sin eventos

 

 

Logotipo_xunta