| Niosh |
|
É coñecida por todos a importancia que a manipulación manual de cargas ten na causalidade das lesións derivadas do traballo. O “Informe Anual Sobre Danos Á Saúde No Traballo O método de elección, ao noso entender, para tomar as decisións que leven a diminuír o risco, é a Ecuación NIOSH. Dicimos que é o método de elección debido a que é un método amplamente validado; permite avaliar situacións con variacións na manipulación manual de cargas (método multitarefa) e integra as dúas causas mais importantes dos danos para a saúde: o propio peso do obxecto manexado, causa biomecánica da lesión, e o consumo metábólico excesivo, causa de outro tipo de lesións e de un avellentamento prematuro. O desenvolvemento do Método Niosh é sinxelo, parte dun peso de referencia ( Os parámetros que debemos medir para poder aplicar este método son: a) Distancia horizontal: Distancia das mans mais afastada do punto medio entre os nocellos, medida en centímetros (débese medir na orixe e no destino da elevación e escoller a peor das dúas) b) Distancia vertical: Distancia das mans sobre o chan, en centímetros (débese medir na orixe e no destino da elevación). c) Desprazamento vertical : O valor absoluto da diferenza entre as alturas verticais no destino y na orixe do levantamento, en centímetros. d) Ángulo de Asimetría : Medida angular de cómo o centro da carga desprazase desde o plano medio saxital do traballador o principio ou o remate da elevación, en graos (medida na orixe e no destino da elevación). O plano medio saxital é un plano que, sendo perpendicular ao chan pasa exactamente pola metade do corpo, dividíndoo en dúas partes iguais, dereita e esquerda. e)Frecuencia de Elevación: Media do número de elevacións por minuto sobre un período de 15 minutos. Para medir de maneira correcta a frecuencia dás elevacións, debemos ter en conta a Duración da Tarefa de Elevación: Esta pode ser de curta duración, de duración moderada e longa duración. Estas categorías baséanse no modelo de períodos continuos de tempo de traballo e tempo de recuperación. O período continuo de tempo de traballo defínese como un período de traballo ininterrompido. O tempo de recuperación defínese como a duración dunha actividade laboral lixeira tras un período de elevacións continuas. Exemplos de traballos lixeiros inclúen actividades tales como sentarse ante unha mesa ou escritorio, operacións de vixilancia, lixeiro traballo de montaxe, etc. 2. Duración moderada do levantamento, define as tarefas que teñen unha duración de máis dunha hora, pero non máis de dúas horas, seguida dun período de recuperación de polo menos 0,3 veces o tempo de traballo. 3. De longa duración defínense as tarefas de levantamento que teñen unha duración de entre dúas e oito horas, tendo en conta os descansos normalizados (por exemplo, pola mañá, o xantar, e pola tarde, o descanso correspondente). f) Clasificación do Acoplamento: Clasificación da calidade do acoplamento da man ao obxecto (asa, oco, agarre). A calidade do acoplamento clasifícase como boa, aceptable, ou mala. Antes da avaliación, o analista debe determinar (1) se o traballo debe ser analizado como unha soa tarefa ou como un traballo de elevación manual multitarefa, e (2) se require un control significativo no destino do levantamento. Defínese o Control Significativo como unha condición que require a colocación con precisión da carga no destino da elevación. Este é xeralmente o caso cando (1) ten que, o traballador, modificar o agarre carga preto do final da elevación, ou (2) o traballador ten que soster o obxecto no destino, ou (3) o traballador ten que colocar ou dirixir coidadosamente a carga no destino.
|



Susbribirse á sindicación RSS