| 6ª Xornadas Nacionais de Ergonomía e Psicosociología dende a Autonomía |
|
|
|
O 14 e 15 de novembro a Asociación acudiu ás VI Xornadas Nacionais de Ergonomía e Psicosocioloxía, organizadas por Preveras en Avilés.
Este ano o lema era “A ergonomía e a psicosocioloxía desde a autonomía” e trataba de poñer en común as experiencias das distintas asociacións, experiencias que podían parecer moi dispares pero creo que, en realidade, non o eran tanto. Hai que destacar que, agás Preveras, as asociacións autonómicas son entidades xoves con pouco tempo de andadura, e iso reflíctese na súa capacidade de actuación. Os problemas coas diferentes administracións son habituais, xa sexa por motivos de inscrición no rexistro de asociacións ou por problemas con Facenda, todos estamos un pouco trabados con algún trámite administrativo.
Evidentemente todas as asociacións aproveitámonos do esforzo persoal de, polo menos, as nosas directivas; pero non queda outro remedio, é a única maneira de botar isto para adiante. Finalmente o problema común a todas as asociacións é o número de socios. En todas as autonomías parece que ás persoas cústalles asociarse e isto limita a capacidade de acción da asociación. Xa que logo, desde aquí, anímovos a todos os que visitades a nosa páxina e, entendo, interésavos a Ergonomía, a que vos fagades socios. Fainos falta a vosa axuda e a vosa forza para levar a Ergonomía ao lugar que lle pertence, e creo que este é un punto que nos interesa a todos.
Pola outra beira quero dicir que os relatorios achegadas pola asociación tiveron un gran éxito. Tanto os presentados, na mesa da asociación, por Oscar Castro: “Ergonomía e Universidade en Galicia“ e Carlo Alberto Berto: “Estudio ergonómico operador de esteadicam “; como o presentado por Antonia Pérez Naya na mesa “A ergonomía vista polos non ergónomos”, co título “A Ergonomía vista dende a Arquitectura” foron os que máis coloquio xeraron. Os relatores recibiron numerosas felicitacións por parte do público e dos organizadores.
Deixámosvos aquí, na páxina, os relatorios para que podades lelos todos.
|









Susbribirse á sindicación RSS