|
Esta Asociación é froito do esforzo dun grupo de persoas que creemos firmemente no importante futuro que lle espera á Ergonomía, non exclusivamente no campo da prevención de riscos laborais, senón en todos aqueles campos en que as persoas temos que relacionarnos con contornos creados polo home.

O traballo ocupa unha parte importante do noso tempo, o resto emprégase en diversas actividades, dentro das cales a aplicación de criterios ergonómicos ten unha cabida real, contribuíndo a evitar que o manexo de obxectos, o deseño de contornos ou ben a distribución de espacios poidan constituír danos para a nosa saúde.
Convencidos de que o resultado do traballo dun equipo é moito máis que a suma do resultado do esforzo de cada unha das súas compoñentes, decidimos unir todas as nosas iniciativas creando esta asociación para potenciar o que cada un de nós podiamos facer polo futuro da Ergonomía. |
|
Actualidade
|
|
Os días 5 e 6 de novembro de 2010, vaise celebrar no Hotel NH Palacio de Ferrera de Avilés (Asturias) as
7as Jornadas Nacionales de Ergonomía y psicosocilogía: "el trabajo: valores y víctimas"
Máis información
|
|
|
|
|
|